Jalma Oín, S.L., construcción y reformas en Ribeira

Jalma Oín, S.L., construción e reformas en Riveira

Profesionais da construción desde 1990

Construción e reforma de vivendas e naves industriais

Jalma Oín, S.L. é unha empresa de Riveira dedicada a ofrecer unha ampla variedade de servizos de construción da máxima calidade. Os nosos inicios no sector remóntanse ao ano 1990, por iso contamos con moitos anos de experiencia e unha gran cantidade de obras realizadas ás nosas costas. Son moitos os clientes satisfeitos para os que habemos traballados e moitas as persoas que cada día depositan en nós a súa plena confianza para a realización de obras novas ou reformas.

Levamos a cabo a construción de novas vivendas ou naves industriais, así como a rehabilitación ou reforma deste tipo de espazos na zona de Riveira. Contamos cun amplo persoal de profesionais, moitos deles levan na nosa empresa desde os seus inicios, e todos teñen unha ampla formación que aumenta día tras día.

Na actualidade, en Jalma Oín, S.L. contamos cunha ampla carteira de clientes que confían nos nosos traballos e que avalan a calidade dos mesmos. Son moitos os provedores que tamén cren no noso bo facer e levan anos traballando coa nosa empresa e colaborando cos nosos proxectos. D. Jaime López Sánchez é a persoa que na actualidade encárgase da dirección e da xerencia desta empresa, unha persoa cunha dilatada experiencia no sector da construción.

Construcción y reforma de viviendas y naves industriales

Confía no noso equipo para levar a cabo reformas en Riveira

Profesionais expertos en construción

Recursos técnicos de calidade

Ampla carteira de clientes satisfeitos

Expertos en construcción en la zona del Barbanza

Expertos en construción na zona do Barbanza

A pesar de que a nosa empresa atópase en Riveira, prestamos os nosos servizos na zona do Barbanza, abarcando por tanto outros concellos como a Pobra e Boiro. Estes son os lugares nos que levamos a cabo os nosos traballos de maneira habitual pero desprazámonos a outros lugares próximos desexados polos nosos clientes. Se desexas contar con profesionais da construción, non dubides en contactar con Jalma Oín, S.L., achegarémonos ao lugar que desexes.

Na nosa empresa contamos con recursos humanos, materiais e técnicos de gran calidade, o que se traduce nuns resultados rápidos, eficaces e exactos. Grazas ao noso amplo persoal de profesionais e á nosa metodoloxía de traballo de autoformación aos nosos traballadores, conseguimos que os aprendices se convertan en pouco tempo en expertos no sector.

Contamos coa tecnoloxía máis avanzada e cos medios necesarios para a execución de todo tipo de obras.

Que servizos ofrecemos?

Realizamos todo tipo de proxectos

  • Construción de vivendas
  • Construción de naves industriais
  • Reformas de vivendas
  • Reformas de naves industriais
  • Reformas de baños e cociñas
  • Construción ou reforma de tellados
  • Construción ou reforma de fachadas
  • Conservación e mantemento Instalación de sistema S.A. T.E.

Enlaces de interese

  • Concello de Ribeira
  • Xunta de Gakucua
  • Centro empresarial da construcción do Barbanza
  • Fremap
  • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Contacta connosco

Non dubides en poñerche en contacto connosco se queres saber máis sobre os nosos servizos ou se desexas solicitar un orzamento adaptado.

Contactar

Selecciona o teu idioma